Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.755

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (166/2001).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Instrucción número un de Arzúa, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 166/2001 se dictou sentencia cun encabezamento e dictame do teor literal seguinte:

«Sentencia: 00027/2002.

Procedemento: xuízo de faltas 166/2001.

En Arzúa o doce de marzo de dous mil dous.

Mónica Sánchez Romero, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, vistas e oídas as actuacións do xuízo verbal de faltas seguidas neste xulgado co número xuízo de faltas 166/2001, sobre realización de actividade sen o seguro obrigatorio, no que foron partes, como denunciante, o axente

co nº K47048R, pertencente á 611ª Comandancia da Garda Civil e como denunciados Alberto García Fernández e Imerio García Agra, coa comparecencia do Ministerio Fiscal, dictou a seguinte sentencia:

Que debo absolver e absolvo libremente a Alberto García Fernández e a Imerio García Agra da falta pola que viñan sendo denunciados, con declaración das custas de oficio.

Notifíquese esta resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma, a Imerio García Agra, Alberto García Fernández, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Arzúa, doce de marzo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS