Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.756

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (22/2001).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 22/2001 se dictou a seguinte cédula de citación:

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citalo a vostede, co fin de que o vindeiro día doce de abril ás dez corenta e cinco horas, asista na sala de visitas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de realización actividades sen seguro obr. (636), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se intente valer (testemuñas, documentos, peritos, ...) e de que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercíbese de que que de residir neste concello e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impórselle unha multa, recaendo sobre el o prexuízo a que houbese lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste concello poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de citación a José Carlos Serantes Sánchez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos, sete de marzo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO