Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.756

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (404/2001).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 404/2001 que se segue neste xulgado, por apropiación indebida, como parte denunciante Tamara Guellet Vilar e como denunciado Daniel González Lueiro, acordouse citar a:

Daniel González Lueiro para que compareza, en calidade de denunciado, perante a Sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 10 de abril ás 11.20 horas, para a celebración do xuízo de faltas, baixo apercibimento de que se non comparece sen alegar xusta causa que llo impida, recaerá sobre dela o prexuízo a que houbese lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Daniel González Lueiro, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o seis de marzo de dous mil dous.

O secretario

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA