Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.756

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (1001/2002).

O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue o procedemento expediente de dominio sobre reinicio do tracto sucesivo 1/2002-3 por instancia de Isidro Seijo Otero e Celestina Seijo Otero, do seguinte predio: casa sinalada no número 12 da rúa do Espírito Santo, parroquia de San Miguel de Fóra, termo municipal de Santiago de Compostela, que ten de ancho de norte e sur, entre medianeiras, 5 metros e 71 centímetros, e de longo, incluso fachadas, 7 metros e 20 centímetros, componse de planta baixa e alta, con varias oficinas e cuartos. Ocupa a superficie de 41 metros e 20 centímetros (en realidade decímetros) cadrados. Linda: pola súa esquerda, ó norte, con parede medianeira, da casa número 13 de Juana Torrado; pola súa dereita, ó sur, co

número 11 de Joaquín de la Fuente; pola súa traseira, ó oeste, coa horta desta casa; e pola súa fachada, ó leste, coa dita rúa; e fronte dá a arqueta pequena. A horta está unida polo oeste e alcanza a medida de 3 cuartillos, igual a 78 centiáreas e 63 decímetros cadrados, e linda: polo norte, coa da casa número 13, muro en medio; sur, coa do número 11, tamén muro en medio; oeste, con ribazo; e polo leste, coa casa.

Polo presente edicto, e en virtude do acordado en providencia desta data convócanse as persoas ignoradas ás que puidera prexudica-la inscrición solicitada para que no termo dos dez días seguintes á publicación deste edicto, poidan comparecer no expediente alegando o que ó seu dereito conveña.

Así mesmo cítanse os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Castromil Montero e María González Alvela, como titulares rexistrais e os herdeiros descoñecidos e incertos de Santiago e Pilar Castromil González, como persoas de quen procede o ben, para que dentro do termo anteriormente expresado poidan comparecer no expediente alegando o que ó seu dereito conveña.

En Santiago de Compostela, vintecinco de febreiro de dous mil dous.

O/a secretario/a

Rubricado