Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.754

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (1376/1999-M).

Manuel Ferreriro González, secretario da sala da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que na apelación civil nº 1376/1996, procedente o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, se dictou setencia da que o encabezamento e parte dispositiva din:

«Número 29.

A Coruña, vinteoito de xaneiro de dous mil.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por Ángel Barrallo Sánchez, presidente, María del Carmen Taboada Caseiro, Luis Barrientos Monge.

En nome de El Rei

Pronunciaron a seguinte sentencia:

No recurso de apelación civil número 1376/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, entre partes, dunha e como apelante, Agustín Regueira Rabuñal, representado polo procurador Espasandín Otero e defendido pola letrada Alvedro Aldao, e da outra como apelado La Equitativa S.A. de Seguros, representada polo procurador Gómez Cortés e defendido polo letrado Araújo Vilar e, como demandados en situación de rebeldía Rogelio Santos Villar e Antonio Faustino Rivadulla Martínez, con quen se entenderán esta

e as demais dilixencias que recaian nos estrados deste tribunal. É relator Ángel Barrallo Sánchez.

Decidimos que, revogando a sentencia con data do 27 de febreiro de 1999, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, estimando en parte a demanda formulada por Agustín Regueira Rabuñal contra Rogelio Santos Villar, Antonio Faustino Rivadulla Martínez e a entidade La Equitativa S.A. de Seguros, debemos condenar e condenamos os demandados a que solidariamente lle aboen ó demandante a cantidade de 2.402.505 pesetas, incrementada, respecto á entidade aseguradora nos xuros da disposición adicional 3ª da Lei orgánica 3/1989, desde a data do sinistro ata o 9 de novembro de 1995, e as do artigo 20 da regra 4ª da Lei de contrato de seguro, na redacción que lle deu á Lei 30/1995, desde o 10 de novembro de 1995 ata o completo pagamento. Sen imposición de custas en ambas instancias.

E ó xulgado de procedencia, líbrese a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino este edicto na Coruña, once de marzo de dous mil dous.

Rubricado