Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.753

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (1196/1999-P).

Manuel Ferreiro González, secretario da sala da sección segunda da Audiencia Provicial da Coruña, certifico que na apelación civil nº 1196/1999-P, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, se dictou setencia da que o encabezamento e parte dispositiva din:

«Número 536.

A Coruña, vintenove de setembro de dous mil.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por Ángel Barrallo Sánchez, presidente, María del Carmen Taboada Caseiro, Mª José Pérez Pena, maxistradas.

En nome de El-Rei pronunciaron a seguinte sentencia:

No recurso de apelación civil número 1.196/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia núme

ro oito da Coruña, sobre reclamación de cantidade en xuízo executivo nº 659/1997, entre partes, dunha e como apelante, a demandada Petra Camacho Muñoz, representada pola procuradora Martí Rivas e defendida pola letrada Santomé Couto, como demandada apelada, declarada en situación procesual de rebeldía, María Dolores Rico Camacho, con quen se entenderon as sucesivas dilixencias nos estrados deste tribunal, e da outra e como apelado, o demandante Banco Mapfre, S.A., representado polo procurador Guimaraens Martínez e defendido polo letrado López Taboada. É relatora María del Carmen Taboada Caseiro.

Decidimos que, desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número oito da Coruña, xuízo executivo nº 659/1997, debemos confirmar e confirmámo-la dita resolución e con imposición das custas deste recurso á parte apelante.

E ó xulgado de procedencia, líbrese a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino este edicto na Coruña, 11 de marzo de 2002.

Rubricado