Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.638

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (8/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 8/2002 seguidos por instancia de José Baña Rial e outros contra Alfredo Facal Lista-Cafetería Oxford, sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 27-2-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por José Baña Rial, José Antón García Novo, Jovina Gómez Lorenzo, José García Pardo, Sandra Mato Taibo, Santiago Canzobre Rey, Francisco Blanco Souto e Fernando Salgueiro López, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Alfredo Facal Lista-Cafetería Oxford a que, á súa elección que a de efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou os indemnice coa cantidade de 56.784,84 A a José Baña Rial, 39.158,36 A a José Antón García Novo, 16.622,45 A a Jovina Gómez Lorenzo, 6.383,9 A a José Gacía Pardo, 1.140,78 A a Sandar Mato Taibo, 1.029,93 A a Santiago Canzobre Rey, 33.727,41 A a Francisco Blanco Souto e 14.081,01 A a Fernando Salgueiro López, con aboamento en todo caso dos salarios

deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia e que ata a data ascenden á cantidade de 3.560,63 A a Baña Rial, 3.077,24 A a García Novo, 2.537,83 A a Gómez Lorenzo, 2.436,61 A a García Pardo, 2.436,61 A a Mato Taibo, 2.471,74 A a Canzobre Rey, 3.023,05 A a Blanco Souto e 2.673,42 A a Salgueiro López.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá aceditar ingresar na c/c de consignacións código 5604.0000.60 8-2002 do banco BBVA desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 A en concepto de depósito, requisitos sen os que non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia».

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Alfredo Facal Lista-Cafetería Oxford, expido a asino esta cédula na Coruña, 27 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado