Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.639

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (775/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 775/2001 seguidos por instancia de Ramón Castro García e outro contra L Y R Procons, S.L. e outra sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 28-2-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Ramón Castro García e Juan Ramón Castro García, contra a empresa L Y R Procons, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.312,95 euros a Ramón Castro García e 1.925,29 euros a Juan Ramón Castro García, que lles debe en concepto de salarios.

Absolvendo da demanda a codemandada Estudios y Construcciones de Mera.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 775-2002 de banco BBVA desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa L Y R Procons, S.L. e Estudios y Construcciones de Mera, expido e asino a presente cédula na Coruña, 28 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado