Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.639

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (921/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado sse seguen autos número 921/2001, por instancia de Ana Isabel García Añón contra Peruf Internacional, S.L., sobre despedimento nos que recaeu sentencia en data 28-2-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Ana Isabel García Añón contra a empresa Peruf Internacional, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante en data 3-11-2001 condenando a demadada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou ó aboamento da cantidade de 216,95 A (36.098 pesetas) en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución a razón de 7,23 A (1.203 pesetas) diarios. Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o

recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60 a cantidade obxecto de con

dena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Peruf Internacional, S.L., expido e asino a presente na Coruña, 28 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado