Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.640

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (713/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 713/2001 por instancia de Pilar Cid Mangana e outros contra Firomar, S.L. sobre despedimento nos recaeu sentencia en data 8-3-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Pilar Cid Mangana, María del Carmen Costa Botana e Margarita Abelenda Amarelle, contra Firomar, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que aboe ás demandantes por tódolos conceptos reclamados en demanda as cantidades seguintes: a Pilar Cid, 2.340,82 A (389.480 ptas.); a Carmen Costa 2.483,15 A (413.161 ptas.) e a Margarita Abelenda 2.330,18 A (387.710 ptas.). Así por esta a miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social número catro o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60 a

cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este

requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose o mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asinoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a empresa Firomar, S.L., expido e asino a presente na Coruña, 8 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado