Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.638

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (18/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 18/2002 contra as empresas Telsat e Insistel sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

A Coruña, 1 de marzo de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 18/2002 seguidos a instancia de Carmen Leardi Otero, Ángeles García Díaz, María Isabel Martínez Ozón, Verónica Fariña López, María del Carmen Villares Dopico, María Teresa Martínez Lema, María Concepción Méndez García, Anush Karamyan, María del Pilar Muñiz Benito e Silvia María García Iglesias, maiores de idade, asistidas pola letrada Sonia González Valcarce contra as empresas Telsat, Telecomunicaciones Servicios Avanzados Telefonía, S.L. e Insistel, Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L., que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento; e seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido: que estimando a demanda interposta polos demandantes, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado polas empresas Telsat, Telecomunicaciones Servicios Avanzados Telefonía, S.L. e Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. condenando a estas solidariamente a que, no prazo de cinco días, desde a data das notificacións da sentencia opten pola readmisión inmediata dos demandantes nas mesmas condicións que posuían con anterioridade ó aboamento da seguinte indemnización máis o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución: a Carmen Leardi Otero, 1.150,85 euros máis 30,69 euros días; a Ángeles García Díaz, 690,51 euros máis 30,69 euros/día; a María Isabel Martínez Ozón, 1.035,77 euros máis 30,69 euros/día; a Verónica Fariña López, 1.035,77 euros máis 30,69 euros/día; a María del Carmen Villares Dopico, 920,68 euros máis 30,69 euros/día; a María Teresa Martínez Lema, 690,51 euros máis 30,69

días; a María Concepción Méndez García, 1.150,85 euros máis 30,69 euros/día; a Anush Karamyan, 1.496,11 euros máis 30,69 euros/día; a María del Pilar Muñiz Benito, 1.150,85 euros máis

30,69 euros/día; e a Silvia María García Iglesias, 1.150,85 euros máis 30,69 euros/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entregar o xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número de expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mandoo e asínoo.

E para que sirva de notificación ás empresas Telsat e Insistel mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente cédula na Coruña, un de marzo de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado