Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.637

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (67/2000).

Eu, Pilar Millán Mon, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instructor número sete de Pontevedra, fago saber que neste xulgado e baixo o número 67/2000 se seguen autos de xuízo de separación por instancia de Susana Fernández Rodríguez, representada polo procurador José Manuel Domínguez Lino, fronte a Eduardo Dios Blanco, en ignorado paradoiro e fronte ó Ministerio Fiscal, se dictou sentencia o vintesete de febreiro de dous mil dous que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que estimando a demanda formulada polo procurador Domínguez Lino, en representación de Susana Fernández Rodríguez contra Eduardo Dios Blanco, declaro a separación do matrimonio dos litigantes, celebrado en Pontevedra o catro de setembro de mil novecentos noventa e dous, con tódolos efectos legais e en especial os seguintes:

1. A revogación dos consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes lle outorgase ó outro.

2. O fillo menor, Cristian Dios Fernández, quedará en compañía e baixo a garda e custodia da demandante, se ben a patria potestade seguirana exercendo de modo conxunto ámbolos pais. Atribúeselle ó fillo, en compañía da nai, o uso do domicilio familiar.

3. Recoñéceselle ó proxenitor que non convive co menor o dereito a visitalo, comunicar con el e telo na súa compañía, nos termos e na forma que acorden os pais, procurando o maior beneficio do neno, e en caso de desacordo, e como mínimo, este dereito comprenderá os seguintes extremos: ter consigo o menor, en fins de semana alternas, correspondéndolle as fins de semana pares do ano ó pai, desde as 10 horas do sábado ata as 12 horas do domingo; a metade das vacacións escolares de Nadal e Semana Santa e un mes de vacacións en período de verán; estes períodos elixiraos o pai os anos pares e a nai os impares; así como o dereito de visitas en termos razoables, en caso de enfermidade do fillo no domicilio deste.

4. En concepto de alimentos Eduardo Dios Blanco aboaralle á muller a cantidade de noventa e cinco euros, por meses anticipados, en doce mensualidades ó ano e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, a partir da data desta resolución. Esta cantidade será actualizada con efectos do 1 de xaneiro de cada ano de acordo coa variación experimentada polo índice xeral de prezos ó consumo, establecido polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa. Igualmente o home sufragará a metade dos gastos extraordinarios que se produzan durante a vida de fillo, tales como operacións cirúrxicas, longas enfermidades e análogos, logo de notificación do feito que motiva o gasto e o seu importe para a súa aprobación, e no caso de non ser aceptados resolvería o xulgado.

5. O pai poderá retirar da vivenda que foi fogar familiar, se non o fixese xa, os seus obxectos e efectos persoais e da súa exclusiva pertenza, logo de inventario tanto do que permaneza na vivenda, como do que extraia o que a abandona.

6. Como garantía do aboamento da prestación diñeiraria, para o caso de incumprimento do obrigado ó pagamento, adoptaranse as medidas de aseguramento pertinentes.

7. Non se efectúa especial pronunciamento en custas.

Comuníqueselle esta sentencia, unha vez firme, ás oficinas do Rexistro Civil no que conste a inscrición do matrimonio dos suxeitos a este preito.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Recursos. Contra a anterior sentencia cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da súa notificación, que será resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

E para que sirva de notificación a Eduardo Dios Blanco, actualmente en ignorado paradoiro, asino este edicto en Pontevedra, cinco de marzo de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado