Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.636

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (470/2000).

Manuel Ferreiro González, secretario da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 985/1999 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

Rolo de apelación núm. 470/2000.

Xuízo de faltas 987/1999.

Xulgado de Instrucción número tres da Coruña.

Na Coruña, catro de decembro de dous mil.

Luis Barrientos Monge, como tribunal unipersoal da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

«No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Instrucción número tres da Coruña, en xuízo de faltas número 987/1999, seguido por falta de lesións en agresión, figurando como apelantes Eduardo Baldomir Areosa, Iván Baldomir Ures e o Ministerio Fiscal e como apelados Miguel Ángel Romero Varela, Álvaro Meirama Barral, Francisco Meirama Francos e Francisco Javier Mañana Villasuso.

Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos de dereito.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, decido que con desestimación do recurso de apelación interposto por Eduardo Baldomir Areosa e Iván Baldomir Ures, e estimando o formulado polo Ministerio Fiscal, formulados ambos contra a sentencia de data 16 de febreiro de 2000, dictada polo Xulgado de Instrucción número tres da Coruña, nos autos de xuízo de faltas nº 987/1999, debo revogar parcialmente a dita resolución para condenar a Miguel Ángel Romero Varela e a Francisco Javier Mañana Villasuso como autores de dúas faltas de lesións do artigo 617.1º do Código penal, á pena de multa dun mes, a razón de 500 pesetas diarias, por cada unha delas, manténdose os restantes pronunciamentos daquela sentencia.

Decláranse de oficio os autos desta alzada».

E para que sirva de notificación a Francisco Javier Mañana Villasuso, que se atopa en paradoiro des

coñecido, expido esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dado na Coruña, cinco de marzo de dous mil dous.

O/a secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO