Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.636

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (290/2000).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 290/2000, que se segue neste xulgado por lesións en agresión, se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Carballo, 7 de marzo de 2002. María Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, vista e oída no xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por lesións en agresión rexistrada baixo o nº 290/2000 e tramitada por instancia de Raquel Varela Blanco, como parte denunciante, contra Ángel Samuel Romero Fariña, como parte denunciada, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que absolvo a parte denunciada Ángel Samuel Romero Fariña da falta de lesións con tódolos pronunciamentos favorables e decláranse as custas de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que non é firme e que contra ela poderán interpoñer, no prazo de cinco días, recurso de apelación perante este xulgado, que será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Raquel Varela Blanco e Ángel Samuel Romero Fariña, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo, sete de marzo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado