Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.635

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002 pola que se nomea tribunal das probas selectivas para o ingreso na súa escala auxiliar administrativa.

Consonte o previsto na base quinta da convocatoria de probas selectivas para o ingreso na escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo (resolución rectoral do 2 de xaneiro de 2002; DOG do 25).

Este rectorado resolveu nomear e facer pública a composición do tribunal cualificador das probas selectivas:

Tribunal titular.

Presidenta: Mª Dolores Ojea Troncoso, funcionaria da escala de xestión da Universidade de Vigo.

Vocais: Eva Rodríguez Reádigos, funcionaria da escala administrativa da Universidade de Vigo.

Xoán Cebro Rodríguez, funcionario da escala administrativa da Universidade de Vigo, en representación da xunta de persoal de administración e servicios.

Óscar Veloso Fernández, funcionario da escala administrativa da Universidade de Vigo, en representación da xunta de persoal de administración e servicios.

Secretaria: Mª José Pousa Crespo, funcionaria da escala administrativa da Universidade de Vigo, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente.

Presidente: Jesús Bello Condide, funcionario da escala de xestión da Universidade de Vigo.

Vocais: Elena Vázquez Losada, funcionaria da escala de xestión da Universidade de Vigo.

Horacio Antonio Villar Suárez, funcionario da escala administrativa da Universidade de Vigo, en representación da xunta de persoal de administración e servicios.

José López Pérez, funcionario da escala administrativa da Universidade de Vigo, en representación da xunta de persoal de administración e servicios.

Secretario: Juan Jesús García Coalla, funcionario

da escala administrativa da Universidade de Vigo, que actuará con voz e voto.

Vigo, 25 de marzo de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo