Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.634

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN provisional do 27 de marzo de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se modifica a do 3 de xaneiro de 2000.

Por resolución desta división do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 10, do 18 de xaneiro de 1999) convócase concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal facultativo especialista nas institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, que foi resolto por Resolución do 3 de xaneiro de 2000 (DOG nº 5, do 10 de xaneiro de 2000), e por sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galcia do 26 de decembro de 2001, estímase o recurso de apelación interposto por Lorenzo de Benito Basanta, contra a sentencia do Xulgado número tres da Coruña do 23 de maio de 2001, desestimatoria do recurso contencioso-administra

tivo deducido polo interesado contra a resolución desta división do 3 de xaneiro de 2000 antes citada.

A decisión da sentencia anula a resolución pola que se resolveu o concurso de traslados no particular de adxudicar praza de FEA de pediatría a un participante que non tiña praza nun servicio xerarquizado e ordena á Administración retrotrae-las actuacións ó momento anterior á baremación.

Xa que logo, en cumprimento da setencia a Comisión de Baremación do citado concurso na súa sesión celebrada o día 22 de marzo pasado, procedeu a baremar de novo os aspirantes da citada categoría, excluíndo aqueles que non tiñan praza nun servicio xerarquizado.

En consecuencia, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro.-Resolver provisionalmente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal facultativo especialista de pediatría do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución

do 28 de decembro de 1998, adxudicando a puntuación provisional acadada e, se é o caso, o destino dun xeito provisional segundo se reflicte no anexo I, sen que este supoña dereito ou expectativa ningunha.

Segundo.-Declarar excluídos do concurso voluntario de traslados os concursantes que aparecen reflectidos no anexo II por non ter praza nun servicio xerarquizado.

Terceiro.- De conformidade co establecido na base 6.3 da Resolución do 28 de decembro de 1998, os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para formular reclamación.

Igualmente, e de acordo co disposto na base 4.6 da citada resolución, os interesados que o desexen poderán, dentro do dito prazo, desistir da súa participación no presente concurso.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO I

E.P.: experiencia profesional

O.A.: outras actividades

L.G.: lingua galega

Especialidade: pediatría e as súas A.E.

NomeDNIE.P.O.A.L.G.TotalDestino provisional adxudicado

Silveira Cancela, Manuel76.330.17945,33,95655,25C. H. Xeral Cíes
Fuentes Varela, Arturo Ramón35.597.16540,27350,2C. H. Cristal Piñor
Benito Basanta, Lorenzo de33.237.17231,63,5641,15

ANEXO II

Excluídos:

NomeDNI

Pérez Losada, Alberto33.228.956
Vilela Fernández, Manuel32.391.572