Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.634

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas-programadores do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.2º e 5 da Resolución do 29 de novembro de 2001, do Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas-programadores do Cixtec, anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 4 de abril de 2002, pola que declara aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos das citadas probas selectivas, data de realización do primeiro exercicio e se nomea o tribunal cualificador das probas.

As devanditas listas e a composición do tribunal cualificador das probas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, e poderán ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet http://www.cixtec.es.

Así mesmo, infórmase de que a realización do primeiro exercicio terá lugar o día 27 de abril de 2002

ás 10 horas no Instituto de Formación Profesional Superior das Fontiñas, (fronte do edificio da Policía Autonómica) r/ Estocolmo, 5 de Santiago de Compostela.

Gonzalo Gómez Móntaña

Director xeral do Cixtec