Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.608

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Butavigo, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Butavigo, S.A., con nº de código 3601472, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-2-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 24-1-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo para a empresa Butavigo, S.A.

(2001-2003)

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio afecta a empresa Butavigo, S.A. dedicada á distribución e venda de gas butano e propano envasado. A dita empresa está rexida pola ordenanza laboral para as axencias distribuidoras de gas butano, aprobada pola orde ministerial do 29 de xullo de 1974.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

As normas establecidas no presente convenio inclúen a totalidade do persoal ocupado pola empresa afectada, así como o persoal de novo ingreso durante a súa vixencia. O persoal que finalice o contrato antes da sinatura da nova táboa salarial terá dereito a percibi-los atrasos dos meses traballados.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio, que terá unha duración de dous anos e catro meses, entra en vigor o 1 de setembro de 2001, finalizando os seus efectos o 31 de decembro de 2001. A táboa salarial adxunta ten efecto desde o 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2001.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia do convenio levarase a cabo por escrito, de acordo coa lexislación vixente, cunha antelación dun mes á terminación dos seus efectos. De non ser denunciado na forma establecida no convenio, entenderase prorrogable por anualidades.

Artigo 5º

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible. Para efectos da súa aplicación consideraranse globalmente.

Artigo 6º.-Retribución.

A táboa salarial (anexo 1) establécese con vixencia desde o día 1 de setembro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001, con efectos retroactivos desde o día 1 de xaneiro de 2001 e cun incremento do 4% sobre a establecida para o ano 2000.

O incremento salarial para o segundo ano de vixencia (2002) será o IPC previsto polo Goberno; unha vez coñecido o IPC real do ano 2002, se superase o previsto, procederase a actualiza-la táboa salarial, procedéndose ó pagamento de atrasos, desde o 1 de xaneiro de 2002, ata o 31-12-2002.

O incremento salarial para o terceiro ano de vixencia (2003), será o IPC previsto polo Goberno; unha vez coñecido o IPC real, do ano 2003, se superase ó previsto, procederase a actualiza-la táboa salarial, procedéndose ó pagamento de atrasos, desde o 1 de xaneiro de 2003 ata o 31-12-2003.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse na súa totalidade estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teñan os traballadores concedidas pola empresa por pacto ou costume.

Artigo 8º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas no convenio consideradas en conxunto poderán ser compensadas nas xa existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe; así mesmo, poderán ser absorbidas outras concesións fixadas por disposición legal.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Cada traballador percibirá un 3% do salario por cada tres anos de servicios prestados á empresa. O período de aprendizaxe computarase para efectos dos aumentos económicos por antigüidade.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán unha gratificación extra de Nadal e outra de xullo cada ano, sendo cada unha delas equivalentes ó salario base establecido por cada categoría, máis a antigüidade que corresponda, máis complemento de transporte.

Artigo 11º.-Participación en beneficios.

A tódolos traballadores concederáselles unha paga anual de beneficios por unha cantidade equivalente ó salario base, máis antigüidade, máis complemento de transporte.

Artigo 12º.-Complemento de transporte.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir un complemento en concepto de transporte de 2,82 euros pesetas por cada día efectivamente traballado.

Artigo 13º.-Póliza de seguro colectivo.

A empresa comprométese a facer unha póliza por accidentes laborais, que chegará en caso de morte a dezaoito mil trinta euros, con trinta e seis céntimos (18.030,36 euros) e no caso de grande invalidez, ata vintecatro mil corenta euros con corenta e oito céntimos (24.040,48 euros). O prazo para contratar esta póliza será de trinta días.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán cada un de trinta días naturais de vacacións rotativas e consecutivas entre os meses de maio a outubro. Os días de Noiteboa, Fin de Ano e véspera de Reis a xornada será das 7 ás 15 horas.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O traballador logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos seguintes:.

-15 días en caso de matrimonio.

-2 días nos casos de nacemento de fillos, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo o traballador necesite un desprazamento, o prazo será de 4 días.

-1 día por traslado de domicilio actual.

-Polo tempo necesario por incumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

-Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º.-Xornada.

Establécese unha xornada para o ano 2002 de 1.796 horas anuais, equivalente ó cómputo semanal de 40 horas e para o ano 2003 de 1.792 horas anuais. A dita xornada distribuirase de luns a venres. A xornada continuada establécese desde o 1 de xuño ó 30 de setembro, ambos inclusive. A dita xornada non poderá exceder nin quedar fóra da anteriormente establecida das 7 ás 15 horas, pero concretarase e fixarase ó elabora-lo cómputo anual de común acordo cos traballadores, que permitirá unha distribución horaria irregular da xornada segundo a temporada.

Artigo 17º.-Complemento de IT.

No caso de baixa producida por incapacidade laboral transitoria, a empresa aboará o importe íntegro da retribución, incluída antigüidade e complemento de transporte, a partir dos 15 días da baixa, e desde o primeiro día se houbese internamento ou se a baixa se produce por accidente de traballo.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán reflectidas na folla salarial como horas extraordinarias, sendo do 150% en días laborables, e do 300% se houbese que traballar sábados, domingos e festivos.

Artigo 19º.-Quilometraxe.

No caso de ter que desprazarse en coche propio por encargo da empresa, aboarase a 0,14 euros por km.

Artigo 20º.-Uniforme.

Tódolos traballadores terán dereito a roupa e calzado necesario durante todo o ano, segundo o traballo.

Artigo 21º.-Revisión médica.

A empresa fará unha revisión médica cada ano a tódolos traballadores.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

No caso de desprazamento fóra da cidade, aboarase axuda de custo, segundo factura.

Artigo 23º.-Xubilación.

Aqueles traballadores, maiores de 64 anos, con antigüidade na empresa superior a 10 anos que causen baixa voluntaria nela, terán dereito a desfrutar un mes de vacacións retribuídas.

O desfrute destas vacacións retribuídas realizarase coa correspondente antelación ó seu cesamento efectivo, debendo comunicarlle o traballador á empresa de forma evidente a súa decisión de cesar voluntariamente.

Artigo 24º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto do traballador, créase unha comisión paritaria do

convenio que terá as funcións e fins regulados pola normativa vixente, a cal estará presidida polo presidente da comisión deliberadora e estará composta por igual número de vocais representativos dos traballadores por unha parte, e empresarios da outra, na que a designación rcaerá sobre as mesmas persoas e en igual número de vocais titulares que foron nomeados para a negociación deste convenio.

Artigo 25º.-Partes asinantes.

Asinan o presente convenio, dunha parte, os traballadores Butavigo, S.A., xunto co delegado de persoal, e doutra José Ramón Pérez Nieto na súa calidade de representante da empresa, en Vigo o 24 de xaneiro de 2002.

ANEXO I

Táboa salarial 2001

CategoríaTáboa salarial

2000

Táboa salarial

2001 (pesetas)

Táboa salarial

2001 (euros)

Xefe de administración132.898138.214830,68

Oficial de primeira107.299111.591670,68

Oficial de segunda100.938104.975630,91

Almaceneiro98.790102.741617,49

Aspirante60.57362.996378,61

Telefonista88.54392.085553,44

Auxiliar de oficina91.75695.426573,52

Vixilante xuramentado91.75695.426573,52

Garda89.15892.724557,28

Conductor de camión104.979109.178656,178

Conductor de repartición101.526105.587634,59

Conductor de carreta99.209103.177620,11

Mozo de almacén e repartición92.90696.622580,71

Mecánico visitador-montador110.592115.016691,26

Mecánico instalador109.482113.861684,32

Limpadora por horas3874022,42

O incremento efectuarase sobre os conceptos de salario base, antigüidade e complemento de transporte.

ANEXO II

Táboa salarial 2001

CategoríaTáboa salarial

2001 (ptas.)

Táboa salarial

2001 (euros)

Táboa salarial

2002 (ptas.)

Táboa salarial

2002 (euros)

Xefe de administración138.214830,68140.978847,29

Oficial de primeira111.591670,68113.823684,09

Oficial de segunda104.975630,91107.074643,53

Almaceneiro102.741617,49104.796629,84

Aspirante62.996378,6164.256386,19

Telefonista92.085553,4493.926564,51

Auxiliar de oficina95.426573,5297.334584,99

Vixilante xuramentado95.426573,5297.334584,99

Garda92.724557,2894.578568,43

Conductor de camión109.178656,178111.361669,29

Conductor de repartición105.587634,59107.699647,28

Conductor de carreta103.177620,11105.240632,51

Mozo de almacén e repartición96.622580,7198.556592,33

Mecánico visitador-montador115.016691,26117.316705,08

Mecánico instalador113.861684,32116.138698

Limpadora por horas4022,424102,46

O incremento efectuarase sobre os conceptos de salario base, antigüidade e complemento de transporte.