Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.287

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector da construcción, con nº de código 3600435, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-2-2002, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, en data 6-2-2002. De conformidade co disposto no artigo 30 do convenio colectivo e no artigo 90, 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo

da construcción

Asistentes:

APEC:

Anselmo Fernández Luján.

José Pampillón Alonso.

José Luis Campos Novo.

Jesús Fontán Piñeiro.

UGT:

José C. Rodríguez del Río.

Lourdes Díaz Lorenzo.

Ramón Carrera Molares.

CC.OO.:

José Figueroa García.

Marcos González Oliveira.

Baltasar González Durán.

José Joaquín Dasilva Meira.

CIG:

Alberto Fernández Campo.

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz.

En Vigo, 6 de febreiro de 2002, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), previamente convocados, reúnense as persoas que figuran á marxe das representacións que se indican, co obxecto de proceder á revisión das táboas salariais correspondentes ó ano 2001, en virtude da cláusula de garantía salarial prevista no artigo 30 do convenio colectivo provincial para o sector da construcción, táboas que entrarán en vigor con efectos do 1 de xaneiro do ano 2002, e servirán de base para a negociación das retribucións salariais do convenio colectivo provincial do dito ano.

Os conceptos que se revisan son os seguintes:

* Táboa salarial (documento anexo).

* A retribución do contrato para a formación recollido no artigo 18.3º.5 do convenio colectivo será a seguinte:

-16 a 17 anos: 491,36 euros.

-18 a 21 anos: 602,51 euros.

* Desgaste de ferramentas (artigo 37): 0,54 euros.

* Roupa de traballo: 26,92 euros.

Asinan estes acordos a Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e as centrais sindicais UGT e CC.OO. A representación da CIG manifesta que, ó non ser asinante do convenio colectivo de 2001, tampouco subscribe a revisión salarial.

Acórdase facultar a Yolanda Carballo Muñoz para rexistrar esta acta na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión.

ANEXO

Táboa de salarios 2001 (rev. 3,45% s/2000)

Salario 14 pagas iguaisComplemento extrasalarialTotal anualHora extra sen complementos

NivelDíaMes

PesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

II178.1141.070,495733,4411.46068,882.619.65615.744,452.485 14,94

III-IV139.469838,235733,4411.46068,882.078.62612.492,791.946 11,70

V130.163782,305733,4411.46068,881.948.34211.709,771.816 10,91

VI126.239758,715733,4411.46068,881.893.40611.379,601.761 10,59

VII125.793756,035733,4411.46068,881.887.16211.342,071.755 10,55

VIII125.517754,375733,4411.46068,881.883.29811.318,851.751 10,53

IX123.403741,675733,4411.46068,881.853.70211.140,971.722 10,35

X121.032727,425733,4411.46068,881.820.50810.941,471.689 10,15

XI-XII119.743719,675733,4411.46068,881.802.46210.833,011.67110,04

XIII81.756491,363912,357.82047,001.230.6047.396,08