Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.286

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de panaderías da provincia da Coruña para o ano 2001.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de panaderías da provincia da Coruña para o ano 2001, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-2-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios Fabricantes de Pan da Coruña, e, da parte social pola central sindical UGT o día 31-1-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de febreiro de 2002.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

Ana Lado Eiriz

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de panaderías

A Coruña, 2002

Acta de revisión da táboa salarial do ano 2001

Na cidade da Coruña, ás 18 horas do día 31 de xaneiro de 2002, no local social da Asociación Provincial de Empresarios Fabricantes de Pan da Coruña, reúnese a comisión negociadora do convenio provincial de panaderías, composta polos señores abaixo asinantes, os cales adoptan o seguinte acordo:

Revisión da táboa salarial do ano 2001:

Efectua-la revisión salarial o 31 de decembro de 2001 segundo a fórmula establecida no artigo 4 do

vixente convenio, cun resultado final do 3,2% de incremento, tomando como referencia as táboas salariais do ano 2000.

As partes dan a súa conformidade e así o ratifican coas súas sinaturas.

Parte empresarial:

Enrique Díaz Novás.

José Debén García.

Manuel García Santamaría.

Eulogio Chousa Cruz.

Leandro Cruz Campo.

María Míguez Rey.

Parte social:

UGT:

Roberto Veira López.

José Antonio Casal Cutrín.

Convenio de panaderías

Táboa de salarios ano 2001

Categorías profesionaisAno 2000

Salario base

mensual

Pesetas

Ano 2001

Incremento

3,2% mensual

Pesetas

Ano 2001

Salario base

mensual

Pesetas

Ano 2001

Salario base

mensual

Euros

Técnicos
Xefe de fabricación100.7403.224103.964624,84
Xefe taller mecánico 98.7973.162101.959612,79

Administrativos:
Xefe de oficina e

contabilidade

100.7403.224103.964624,84
Oficial administrativo 91.4762.927 94.403567,37
Auxiliar administrativo 85.3642.732 88.096529,47

Obreiros (en panaderías

totalmente mecanizadas):

Diario

pesetas

Diario

pesetas

Diario

pesetas

Diario

euros

Axudante de encargado2.912933.00518,06
Amasador2.908933.00118,04
Axudante de amasador2.858912.94917,72
Oficial2.858912.94917,72
Especialista2.858912.94917,72
Fogoneiro2.858912.94917,72
Gasista2.858912.94917,72
Encendedor2.858912.94917,72
Engraxador2.858912.94917,72
Mecánico 1ª2.888922.98017,91
Mecánico 2ª2.858912.94917,72
Mecánico 3ª2.843912.93417,63
Peón2.792892.88117,32

Obreiros (nas restantes

panaderías):

Mestre encargado3.000963.09618,61
Oficial de pa3.000963.09618,61
Oficial de masa2.892932.98517,94
Oficial de mesa2.855912.94617,71
Axudante2.792892.88117,32
Aprendiz 1ª ano2.135682.20313,24
Aprendiz 2º ano2.298742.37214,26

Servicios complementarios:
Mordomo2.878922.97017,85
Chofer3.000963.09618,61
Vendedora de pan en

despachos

2.737882.82516,98
Transportista de pan a

despachos

2.878922.97017,85
Repartidor a domicilio2.737882.82516,98
Persoal de limpeza (por

horas)

39913 412 2,48
Persoal de limpeza

(xornada completa)

2.737882.82516,98

Ano 2000

Pesetas/mes

Incremento

3,2%

Ano 2001

Pesetas/mes

Ano 2001

Euros/mes

Complemento de transporte9.4683039.77158,72
Complemento de

nocturnidade (de 22 a 2)

7.2222317.45344,79
Complemento de

nocturnidade (de 2 a 6)

5.5551785.73334,46

Ano 2000

Pesetas

Incremento

Pesetas

Ano 2001

Pesetas

Ano 2001

Euros

Domingos (incremento ó

valor do domingo artigo 19)

1.396451.4418,66
Retribución en especie 65 0 650,39