Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.232

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (79/1999).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 79/1999 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Carballo, 20 de xuño de 2001.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por lesións en tráfico, rexistrada baixo o nº 79/1999 e tramitada por instancia de Miguel García López, Juan Pérez Lariño e Antonio Mallo Lorenzo, representante da empresa Rolosan, S.A., en calidade de denunciantes, este último asistido da letrada Vidal Vegueira contra Ramón Pérez González, en calidade de denunciado. Intervén como responsable civil directo a compañía Grupo Vitalicio, representada pola procuradora Vázquez Borrazás. Non foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que condeno ó denunciado Ramón Pérez González, como autor dunha falta de imprudencia, á pena dun mes de multa, cunha cota diaria de seiscentas pesetas, polo que deberá aboa-la cantidade total de dezaoito mil pesetas, que deberán ser satis

feitas no prazo de dez días desde a data desta resolución, prevíndoo de que, en caso de non a satisfacer e logo da exacción dos seus bens, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arresto de fin de semana. Deberá, así mesmo, indemnizar a Antonio Mallo Lorenzo, aboándolle a cantidade de cento catorce mil setecentas setenta e catro pesetas (114.774 pesetas), polos danos persoais, a cantidade de seiscentas noventa e sete mil novecentas dez pesetas (697.910 pesetas), tendo a compañía Grupo Vitalicio a condición de responsable civil directo e respondendo, polo tanto, das cantidades expostas. A cantidade á que se condena devengará, no que se refire á aseguradora, o xuro do artigo 20 da LCS, todo isto con expresa condena en custas do denunciado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que non é firme e que contra ela cabe interpor, neste xulgado, recurso de apelación, que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Juan Pérez Lariño, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, que asino en Carballo o 22 de febreiro de 2002.

O secretario

Rubricado