Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.232

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (636/2001).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 636/2001, que se segue neste xulgado por furto, se acordou citar a María Isabel Pereira Espasandín, en calidade de denunciada, para que compareza ante a sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 10 de abril, ás 10 horas, para a realización do xuízo de faltas, co apercibimento de que, se non comparece sen alegar xusta causa que llo impida, recaerá sobre ela o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a María Isabel Pereira Espasandín, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo, o vintesete de febreiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

NÚMERO DOUS DA CORUÑA