Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.233

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (154/2001).

Eu, Pilar Cancela Ramírez de Arellano, secretaria do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña, dou fe de que no procedemento abreviado 154/2001 se dictou resolución cun encabezamento e unha parte dispositiva que, copiados literalmente, son do teor seguinte:

«Auto.

Na Coruña, o 27 de novembro de 2001.

S.Sª acorda ordena-lo arquivo das actuacións por non estar corrixido o defecto. O recorrente, para a súa representación no procedemento, deberá outorgar poder a prol do letrado, nalgunha das formas legalmente establecidas (comparecencia apud acta ou poder notarial) e o recorrente deberá formular demanda conforme os artigos 78 da LXCA e 399 e seguintes da LAC, dentro do prazo concedido para a emenda.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de apelación admisible nun só efecto no prazo de 15 días, que deberá interporse perante o xulgado mediante escrito razoado, que deberá conte-las alegacións en que se fundamente o recurso.

Acordouno e asínao Juan Selles Ferreiro, maxistrado xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous desta cidade. Dou fe».

E para que conste e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado, co fin de que lle sirva de notificación a Marcos Agustín Morán Solán, expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de xaneiro de 2002.

A secretaria

Rubricado