Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.231

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4211/2002).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda

da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Antonio Pardo Fabeiro, en nome e representación de Federación de Empresarios de Galicia, contra a Orde do 20 de novembro de 2001, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establecen os requisitos e o procedemento de autorización das boticas anexas (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro de 2001).

Recurso número: 02/0004211/2002.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 25 de febreiro de 2002.

Isabel Freire Corzo

Secretaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO