Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.231

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2002 pola que se aproba a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso na escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo, convocadas por Resolución do 2 de xaneiro de 2002.

Por resolución do rectorado desta universidade do 2 de xaneiro de 2002 (DOG do 25 de xaneiro), convocáronse probas selectivas para o ingreso na escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido no artigo 12 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 20 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), este rectorado

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión da causa de exclusión, ás citadas probas. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Oporto, nº 1, Vigo) e nos rexistros dos campus de Ourense (unidade administrativa, Campus As Lagoas s/n, Ourense). Pontevedra (Facultade de Ciencias Sociais, Campus A Xunqueira s/n, Pontevedra) e As Lagoas Marcosende (CACTI, Campus As Lagoas-Marcosende, Vigo).

Segundo.-De conformidade coa base 4.1º da Resolución do 2 de xaneiro de 2002, os aspirantes excluídos e os omitidos, por non figurar na lista de admitidos nin na de excluídos, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emenda-los defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.

Vigo, 11 de marzo de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA

DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)