Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.230

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2002 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade 58/2000, convocada por Resolución do 20 de decembro de 2000.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado

polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión dunha praza de profesorado desta universidade, convocada por Resolución da Universidade de Vigo do 20 de decembro de 2000 (BOE do 12 de xaneiro de 2001), e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 5 de marzo de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº de praza: 58/2000.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: tecnoloxía dos alimentos.

Comisión titular:

Presidente: Francisco Javier Carballo García, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretaria: María Josefa González Prieto, profesora titular de universidade. Universidade de León.

Vocais:

Vicente Sanchís Almenar, catedrático de universidade. Universidade de Lleida.

Santiago Condon Uson, profesor titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

Rafael Pagán Tomás, profesor titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

Comisión suplente:

Presidenta: Ana Bernardo Álvarez, catedrática de universidade. Universidade de León.

Vocal secretaria: Mª Mercedes López Fernández, profesora titular de universidade. Universidade de León.

Vocais:

Antonio Mulet Pons, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Miguel Ángel González Viñaz, profesor titular de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.

José Antonio Beltrán Gracia, profesor titular de universidade. Universidade de Zaragoza.