Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.157

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (697/2001).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 697/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Manuel Blanco Blanco, contra Construcciones Covilco 2000, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, en reclamación de despedimento, se dictou, con data do 7 de febreiro de 2002, sentencia cunha decisión do teor literal seguinte:

«Que debo estima-la demanda promovida por Manuel Blanco Blanco contra a empresa Construcciones Covilco 2000, S.L. declarando improcedente o despedimento e condenando a empresa a readmiti-lo traballador nas mesmas condicións que

rexían antes de producirse o despedimento (2-10-2001) ou, a elección da empresa, a lle aboar unha indemnización de cento sesenta e seis mil trescentas oitenta e cinco pesetas (166.385 pesetas, 999,99 euros) e seiscentas cincuenta e catro mil trescentas trinta e seis pesetas (654.336 pesetas, 3.932,64 euros) en concepto de salarios de tramitación, así como os salarios que se puidesen devengar desde a data desta sentencia ata a data da súa notificación, a razón dun haber diario de 5.112 pesetas, 30,72 euros.

E para que lle sirva de notificación de sentencia a Construcciones Covilco 2000, S.L., con domicilio en Santiago de Compostela na rúa Alfredo Brañas, 18 Galerías A Lúa, baixo, local nº 10, hoxe en paradoiro descoñecido, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días».

E así mesmo, para que conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o 15 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado