Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.157

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (24/2001).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 24/2001 acumulados, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Jesús Rufino Caamaño Ferreiro, contra Promoción de Granjas Complementarias de Terneros Gallegos, S.A. (Terga, S.A.), e Fondo de Garantía Salarial, en reclamación de cantidade, se dictou, con data do dez de xaneiro, sentencia cunha decisión do teor literal seguinte:

«Que debo estima-la demanda promovida por Jesús Rufino Caamaño Ferreiro contra a empresa Promoción de Granjas Complementarias de Terneros Gallegos, S.A. (Terga, S.A.) e o Fondo de Garantía Salarial, e, en consecuencia, condena-la dita empresa a lle aboar ó demandante a suma de sete millóns trescentas vinteunha mil catrocentas noventa e cinco pesetas (7.321.495) en concepto de principal, mais ó aboamento do 10% dos xuros por demora contados desde o 12 de setembro de 2000; á sanción pecuniaria de 30.000 pesetas e a aboa-los honorarios do avogado da parte demandante. Disto debe responder subsidiariamente o Fondo de Garantía Salarial».

E para que lle sirva de notificación de sentencia a Jesús Rufino Caamaño Ferreiro, con domicilio na Baña, Barcala, O Lameiro nº 5, hoxe en paradoiro descoñecido, facéndolle saber que contra ela cabe

recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por escrito ou por comparecencia no termo de cinco días.

E así mesmo, para que conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o 18 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado