Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.156

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (749/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 749/2001 seguidos por instancia de Mª Carmen Sánchez Calvo e outros contra as empresas Vanilda Calviño Pardo e outras sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 25-2-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estimando a demanda formulada por Mª Carmen Sánchez Calvo, Mª Carmen Fraga Orgueira, Mª Luz Valiño Mallou, Marta Otero Bouzas e Mª Soledad Liñares Gómez, condeno as empresas Vanilda Calviño Pardo, Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L., a que de forma solidaira lles aboen as

cantidades seguintes: a Sánchez Calvo 3.241,84 euros, Fraga Orgueira 3.781,95 euros, Valiño Mallou 2.740,47 euros, Otero Bouzas 3.970,67 euros e Liñares Gómez 2.262,83 euros.

Absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 749-2001 do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social Número Tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Vanilda Calviño Pardo, Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 25 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado