Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos
autos número 714/2001 seguidos por instancia de La Fraternidad-Muprespa contra Sergas e outros, sobre outros, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 15-2-2002, coa seguinte parte dispositiva:
Que, desestimando a demanda interposta pola representación da mutua La Fraternidad-Muprespa, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Servicio Galego de Saúde, a empresa Cerca Grande, S.A., Ángel Manuel Cordero Rodríguez e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, debo absolver e absolvo os ditos demandados dos pedimentos contidos na demanda.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para lle sirva de notificación a Cerca Grande, S.A. que tivo o seu último enderezo coñecido na praia de Oza, Padrón, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 15 de febreiro de 2002.
O secretario xudicial
Rubricado