Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

EDICTO (224/2000).

Eu, José Otero Ruibal, secretario en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Pontevedra, dou fe de que nos autos que a continuación se expresan recaeu sentencia, co encabezamento e resolución que din literalmente:

«En Pontevedra o 28 de xullo de 2001.

Fidel Jesús Río Pardo, maxistrado xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra

e o seu partido, vistos estes autos de menor contía 224/2000, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Vifeco Galicia, S.A., coa procuradora María José Giménez Campos e o letrado Javier Gil Fierro, e doutra como demandado Manuel Carballal de la Iglesia, Ameal Iluminación, S.L., ambos en situación de rebeldía procesual sobre menor contía, resolvo que, desestimando a demanda interposta pola procuradora Giménez Campos, en nome e representación da entidade mercantil Vifeco Galicia, S.A., fronte á entidade mercantil Amel Iluminación, S.L., e Manuel Carballal de la Iglesia, en situación de rebeldía procesual, debo absolver e absolvo os demandados de tódolos pedimentos contra eles deducidos; todo iso sen expresa imposición de custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito ante este xulgado en termo de quinto día.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, expido este edicto en Pontevedra o 29 de xaneiro de 2002.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA