Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (587/1992).

Eu, María Mercedes Santana Rodríguez, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 587/1992 se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, contra Ibergaliza, S.A., en reclamación de crédito hipotecario, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública, por primeira vez e o prazo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que este acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 7 de maio de 2002, ás 10.30 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente, na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. nº 1583, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de oferta, facéndose consta-lo nº e o ano do procedemento, sen este requisito non serán admitidos, e non se admitirá entrega de diñeiro en metálico nin cheques no xulgado.

Terceiro.-Poderán participar coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, se poderán facer ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e a certificación do Rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na Secretaría do xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes- de os houberó crédito do licitador, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de non haberen licitadores na primeira poxa, sinálase para a realización dunha segunda o día 3 de xuño de 2002, ás 10.30 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa e sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente, e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira o día 28 de xuño de 2002, ás 10.30 horas; a dita poxa terá lugar sen suxeición a tipo, e quen desexe tomar parte deberá consigna-lo 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se, por forza maior ou causas alleas ó xulgado, non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que terá lugar o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Este edicto serviralle/s de notificación ó/s debedor/es para o caso de que non se poida levar a cabo no predio ou predios poxados.

Bens que se sacan a poxa.

Predio sito na urbanización Las Mimosas, parroquia de Biduído, concello de Ames:

Número seis. Local comercial de planta baixa, semisoto polo leste, destinado a usos comerciais. Estrema: fronte, lugar que separa o predio número 85 da zona deportiva; fondo, pista de squash; dereita, muro de contención do edificio; e esquerda, local número 5. Extensión: 74,20 metros cadrados. Cota: 7,10%.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, no folio 133 do libro 170 de Ames; tomo 722 do arquivo; predio número 16.992.

Tipo de poxa.

3.600.000 pesetas (21.636,44 euros).

Dado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2002.

O/a secretario/a

Rubricado