Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CORENTA E CATRO DE MADRID

EDICTO (292/1996).

Eu, Amparo López Martínez, maxistrada xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número corenta e catro dos da capital, fago saber que neste xulgado ó meu cargo se seguen autos declarativos de menor contía 292/1996, instados polo procurador Jorge Laguna Alonso, en nome e representación de Trinidad Jiménez Aguilera, María Trinidad Serrano Jiménez, Susana Serrano Jiménez e Nicolás Pérez, dos que se descoñece o domicilio actual, acordouse empraza-los demandados para que no improrrogable prazo de dez días comparezan neste xulgado, sito na rúa Capitán Haya, 66, 6ª planta, co fin de que lles facer entrega das copias da demanda e documentos e concedérlle-lo prazo que determina o artigo 683 da Lei de axuizamento civil para que contesten a demanda, prevíndoos de que, de non o verificar, serán declarados en rebeldía e recaerán sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

E para que así conste e lles sirva de notificación e emprazamento en forma legal ós demandados arriba indicados e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 10 de xaneiro de 2002.

A maxistrada xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE PONTEVEDRA