Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.992

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (363/2000).

Eu, Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifico que na peza de apelación civil, ó que se fará referencia, se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Apelación civil.

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída por Abel Carvajales Santa Eufemia, presidente, María Mercedes Pérez Martín Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense a 11 de decembro de 2001.

Vistos en grao de apelación ante esta sección seguida na Audiencia Provincial de Ourense os autos de xuízo verbal civil 8 e 26/1999, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Celanova, ós que lles correspondeu a peza 363/2000, nos que aparece como parte apelante Tableros Posío, S.L. e Allianz Ras, representados polo procurador José Mª. Fernández Vergara e asistidos polo letrado José Carlos González Fernández e como apelados Mutua General de Seguros e Manuel Congil, que non compareceron, Manuel Nogueira Lorenzo, declarado en situación procesual de rebeldía, e Hormigones Valenzana, S.L., asistido da letrada Nieves Rúa Pazos, sobre reclamación de cantidade e, sendo maxistrada relatora Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza, resolvo que, desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada nos autos de xuízo verbal civil 8 e 26/1999, seguidos ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Celanova, debemos confirmar e

confirmámo-la mencionada resolución, impoñendo as custas do recurso á parte apelante.

Ó se lles notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións ás que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación do xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciá

molo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa Eufemia. Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza. Fernando Alañón Olmedo. Rubricado».

E para que así conste e lle sirva de notificación a Manuel Nogueira Lorenzo, ausente en paradoiro descoñecido e declarado en rebeldía, expido e asino esta cédula de notificación en Ourense o 15 de febreiro de 2002.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CORENTA E CATRO

DE MADRID