Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.992

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario dependentes do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 5 de decembro de 2001.

De conformidade co previsto na base 6.2 da Resolución do 5 de decembro de 2001 (DOG nº 240, do 13 de decembro), pola que se fai pública a convocatoria do concurso de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, rematada pola comisión de baremación a tarefa de baremación dos méritos alegados e acreditados polos concursantes, procede resolver provisionalmente o dito concurso de traslados.

En consecuencia, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro.-Declarar resolto provisionalmente o concurso de traslados para a provisión de prazas pertencentes ás categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 5 de decembro de 2001, adxudicando a puntuación provisional acadada e, se é o caso, o destino dun xeito provisional, sen que este supoña ningún dereito ou expectativa.

As correspondentes listaxes de adxudicación atópanse expostas nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, así como nos diferentes centros de xestión de atención primaria e especializada.

Segundo.-Declarar excluídos provisionalmente do concurso de traslados os concursantes que, en cada categoría, aparecen reflectidos como tales polas causas que se especifican.

Terceiro.-De conformidade co establecido na base 6.3 da Resolución do 5 de decembro de 2001, os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución provisional, para formularen reclamacións contra ela ou, de se-lo caso, para emendar aquelas causas de exclusión do concurso de traslados que sexan susceptibles de tal emenda.

Igualmente, e de acordo co disposto na base 4.5 da citada resolución, os interesados que o dexesen poderán, dentro do dito prazo, desistir da súa participación neste concurso.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos