Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.991

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da Comisión de Goberno deste consello do 14 de marzo de 2002, polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 4, do 7 de xaneiro de 2002, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 14 de novembro deste ano,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela, ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivese desfrutando o interesado.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que coiden procedente.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 3325742335 A1135.

Grupo: C.

Apelidos e nome: López Vázquez, Humberto.

Posto de traballo: axudante de auditoría.

Nivel: 22.

Localidade: Santiago de Compostela.