Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.988

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de marzo de 2002 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da Deputación Provincial de Pontevedra.

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión ordinaria do Pleno que tivo lugar o día 8 de xaneiro de 2002, adoptou o acordo relativo á creación do posto de colaboración de secretario asesor para o Centro Provincial de Asesoramento a Concellos, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, propoñendo a súa clasificación en clase segunda (2ª), subescala secretaría, categoría de entrada.

O artigo 2 g) do citado Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os postos de colaboración poden ser creados discrecionalmente polas corporacións locais e serán clasificados por proposta daquelas administracións polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2 g) e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

O posto de traballo de secretario asesor para o Centro Provincial de Asesoramento a Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra, clasifícase en clase segunda (2ª), reservándose a funcionarios/as

de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de secretaría, categoría de entrada.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública