Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.988

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de marzo de 2002 pola que se dispón a execución da sentencia 1221/2001, do 24 de outubro, dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo 993/1998.

Visto o testemuño da sentencia 1221/2001, dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 24 de outubro de 2001, recaída no recurso contencioso-administrativo 993/1998, contra a Orde do 23 de abril de 1998, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve a convocatoria por libre designación do posto de traballo de xefe do Servicio de Proxectos e Construccións, dependente da secretaría xeral, e pola que se estima parcialmente este recurso no sentido de que se retrotraia o expediente ó momento procedemental que na sentencia se determina.

Na súa virtude, ó tratarse dunha sentencia firme e de acordo co disposto no artigo 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdiccción contencioso-administrativa, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Que se cumpra nos seus propios termos a referida sentencia, anulándose a Orde do 23 de abril de 1998

da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolvía a convocatoria, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, no que respecta ó posto de xefe do Servicio de Proxectos e Construccións, código ED.C02.00.002.15770.006, grupo B, nivel 28, dependente da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Santiago de Compostela e coas consecuencias legais oportunas.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria