Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.987

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de marzo de 2002 pola que se suprime o posto de traballo de intervención, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello da Rúa (Ourense).

Vista a solicitude do Concello da Rúa (Ourense), con data do 17 de novembro de 2001, relativa á modificación da clasificación dos postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, e a consecuente supresión do posto de intervención, así como a documentación achegada.

Tendo en conta que o Concello da Rúa está agrupado co Concello de Petín (Ourense) para o sostemento en común do posto de secretaría; posto que, mediante orde desta consellería desta mesma data, se clasifica en clase segunda, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de secretaría-intervención.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades

que lle confire a artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Suprimi-lo posto de intervención do Concello da Rúa, provincia de Ourense, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de intervención-tesourería, categoría de entrada.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública