Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.987

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de marzo de 2002 pola que se modifica a clasificación do posto de secretaría, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da agrupación dos concellos da Rúa e Petín (Ourense).

Visto o acordo da Comisión Intermunicipal da agrupación de concellos da Rúa e Petín (Ourense), do 14 de febreiro de 2002, relativo á modificación da clasificación do posto de secretaría, actualmente de clase segunda, en clase terceira, correspondente á subescala de secretaría-intervención, así como a documentación achegada.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, co arti

go 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire a artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Modifica-la clasificación do posto de secretaría da agrupación de concellos da Rúa e Petín, provincia de Ourense, que queda clasificado en clase terceira, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de secretaría-intervención.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública