Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de febreiro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificacion á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a resolución do expediente sancionador VP-C 16/2001.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a resolución do expediente sancionador, VP-C 16/2001,

por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente e arrendala, causa prevista nos artigos 5.C e 6.F da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Ás ditas infraccións impónselles unha multa de 4.207,08 euros (700.000 ptas.), sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, podrá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 21 de febreiro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 16/2001.

Alfredo Buján González

R/ Anxeriz, 4, portal 2-1º A.

O Milladoiro-Ames.

Sanción de multa de: 4.207,08 euros (700.000 ptas.).