Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a resolución do expediente sancionador VP-C 41/2001, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.
Á dita infracción impónselle unha multa de 601,02 euros (100.001 ptas.), sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, podrá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.
E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 21 de febreiro de 2002.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 41/2001.
Narciso Jiménez Jiménez.
R/ Roma, 1. Escaleira A-1º C.
Polígono das Fontiñas.
Santiago de Compostela.
Sanción de multa de: 601,02 euros (100.001 ptas.).