Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de febreiro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolución de expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal (expediente C-3-IV/75, conta 100).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO apro

bado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, resolución do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

A dita resolución ordena o lanzamento de Eva e Vanesa Cures Fernández da vivenda que ocupan, sita en Santiago de Compostela, rúa Pintor Carlos Maside nº 26-2º D, polígono de Vite (expte. C-3-IV/75, conta 100), outorgando un prazo previo para o dito lanzamento de 15 días para o desaloxo voluntario.

Transcorrido o dito prazo, o lanzamento será executado por funcionario nomeado para o efecto, polo director xeral do IGVS, coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, e con auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 19 de febreiro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 50/01 (ocupación s/ título).

Expedientadas: Eva e Vanesa Cures Fernández.

Último domicilio coñecido: rúa Pintor Carlos Maside nº 26-2º D, polígono de Vite (Santiago de Compostela).

(Expte. C-3-IV/75, conta 100).