Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e de conformidade co establecido nos artigos 1.124, 1.501 e 1.091 do Código Civil, notifícaselles ós inte

resados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados, e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

Advírteselles que en caso contrario se procederá a instala-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicala posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 4 de febreiro de 2002.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Mª Lourdes Vázquez Nóvoa.

Expediente: OR-93/501.

Conta nº 113.

Enderezo: estrada de Vigo, bloque III, 10ª D. 32001 Ourense.

Importe da débeda: 3.292,04 (547.750 pesetas).

Mª Jesús Salgueiros Quintas.

Expediente: OR-93/501.

Conta nº 254.

Enderezo: praza 2000, bloque VII, 7º B. 32001 Ourense.

Importe da débeda: 567,79 (94.472 pesetas).

Mª Dolores Vázquez Paz.

Expediente: OR-93/501.

Conta nº 238.

Enderezo: praza 200, bloque nº 2, 3º B. 32001 Ourense.

Importe da débeda: 1.419,47 (236.180 pesetas).