Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 24 de xaneiro de 2002 de notificación de resolución de extinción dunha concesión de augas.

Por medio deste edicto faise saber que, por parte do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, foi dictada resolución no expediente adminis

trativo que se detalla no extracto anexo a este edicto, referente á extinción do dereito ó uso privativo das augas por caducidade da concesión, nos termos previstos no texto refundido da Lei de augas, aprobado polo Real decreto legislativo 1/2001, do 20 de xullo. Ó ignorarse o enderezo do titular da concesión, por non constar no expediente, non se puido practica-la notificación individual desta resolución.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución referida no anexo, contra a que poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo de un (1) mes contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, de acordo co contido dos artigos 114 e 115 da citada Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, que a modifica.

Así mesmo, comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se atopa á súa disposición nas oficinas do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Valiño, 7-9, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2002.

Francisco J. Pan Montojo-González

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente número: 12/109/4.

Persoa interesada: Eléctrica de Villozas, S.A.

Acto administrativo: resolución pola que se declara a caducidade da concesión outorgada por resolución da dirección dos servicios hidráulicos do norte de España, con data do 16 de xuño de 1955, a Eléctrica de Villozas, S.A., para o aproveitamento de 110 l/sg de augas do río Medio, nos concellos de Vilarmaior e Miño (A Coruña), con destino á producción de enerxía eléctrica, por interrupción permanente da explotación durante tres anos consecutivos por causa imputable ó titular e, en consecuencia, a extinción do dereito.