Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Federación Gallega de Autoescuelas (Fegae).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 30 de xaneiro de 2002, certificación expedida polo secretario da devandita federación, Anxo Alfonso Bastos, avalada co visto e prace do presidente, José Manuel López Marín, na que se reflicten os acordos acadados na xunta xeral celebrada o día 26 de xaneiro de 2002, e que consiste na modificación de diversos artigos dos estatutos, entre eles, o que fai referencia ó traslado do domicilio social da federación, que queda fixado en avenida Xeneral Sanjurjo, nº 1-3º, na Coruña.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais