Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.901

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de vendedores por xunto de froitas varias, hortalizas e plátanos.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de vendedores por xunto de froitas varias, hortalizas e plátanos, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 20-2-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Asentadores de Froitas Varias, Hortalizas e Plátanos, e, da parte social pola central sindical CC.OO. o día 29-1-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que se atopa nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de febreiro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio de

comercial de vendedores por xunto de froitas varias, hortalizas

e plátanos

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Víctor Dopico.

Pola parte social:

Olga Montes (CC.OO.).

Juan Esparza (CC.OO.).

José Ramón Grela (asesor-CC.OO.).

Na Coruña, 29 de xaneiro de 2002, ás 19 horas, reúnense nos locais da asociación empresarial as partes que á marxe se relacionan, na representación que presentan, e que compoñen a comisión paritaria do convenio colectivo provincial do comercio de vendedores de xunto de froitas varias, hortalizas e plátanos, co obxecto de proceder á actualización de salarios como consecuencia da desviación do IPC do ano 2001.

Para tal efecto constatan:

1º Que o artigo 22 do convenio colectivo establece que para o ano 2001 que: no caso de que o IPC o 31 de decembro de 2001 sexa superior ó previsto polo Goberno para o dito ano, regularízanse os salarios no dito exceso. O cálculo efectuarase sobre os salarios vixentes o 31 de decembro de 2000 e con efectos do 1 de xaneiro de 2001.

2º Que o IPC do período 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001 é do 2,7%.

En virtude de todo o anterior, acordan:

Primeiro.-Proceder á revisión das táboas do ano 2001, conforme o exceso do IPC real do ano 2001 sobre o IPC previsto; o dito diferencial ascende ó 0,7%.

Segundo.-A revisión realízase conforme o pactado no artigo 22 do convenio colectivo.

Terceiro.-O complemento de transporte e as dietas pasan a te-la seguinte contía:

Complemento de transporte: 42,25 euros (6.863 pesetas).

Dietas:

Comida: 8,03 euros (1.336 pesetas).

Comida e cea: 12,23 euros (1.870 pesetas).

Comida, cea e durmida: 19,26 euros (3.204 pesetas).

Cuarto.-Acórdase remitir esta acta xunto coas táboas salariais anexas á autoridade laboral para que proceda a dar trámite ós actos relativos ó rexistro, depósito e publicación. Para tal efecto autorízase expresamente a José Ramón Grela para que dilixencie ante a autoridade laboral os ditos trámites.

E non tendo máis asuntos que tratar, sendo as 20 horas, levántase a reunión, asinando a acta tódolos asistentes en probas de conformidade.

Táboas salariais ano 2001

Sector de vendedores por xunto de froitas varias,

hortalizas e plátanos

Categoría profesional

Salario

mensual

(pesetas)

Antigüidade

cuadrienio

(pesetas)

Salario

anual

(pesetas)

Director comercial106.2323.6321.593.480
Encargado xeral106.2323.6321.593.480
Oficial administrativo99.2993.6321.489.485
Administrativo96.2683.6321.444.020
Auxiliar administrativo95.0653.6321.425.971
Auxiliar administrativo menor de 18 anos82.8703.6321.243.044
Dependente96.2683.6321.444.020
Axudante95.0653.6321.425.971
Chofer96.2683.6321.444.020
Chofer repartidor96.2683.6321.444.020
Mecánico96.2683.6321.444.020
Axudante mecánico93.6963.6321.405.444
Mozo especialista95.5703.6321.433.556
Mozo93.6963.6321.405.444
Axudante menor de 18 de anos82.8703.6321.243.044
Vixilante, sereno, ordenanza93.6963.6321.405.444
Persoal de limpeza93.6963.6321.405.444

Categoría profesional

Salario

mensual

(euros)

Antigüidade

cuadrienio

(euros)

Salario

anual

(euros)

Director comercial638,4721,839.577,01
Encargado xeral638,4721,839.577,01
Oficial administrativo596,8021,838.951,99
Administrativo578,5821,838.678,74
Auxiliar administrativo571,3521,838.570,26
Auxiliar administrativo menor de 18 anos498,0621,837.470,84
Dependente578,5821,838.678,74
Axudante571,3521,838.570,26
Chofer578,5821,838.678,74
Chofer repartidor578,5821,838.678,74
Mecánico578,5821,838.678,74
Axudante mecánico563,1321,838.446,89
Mozo especialista574,3921,838.615,85
Mozo563,1321,838.446,89
Axudante menor de 18 de anos498,0621,837.470,84
Vixilante, sereno, ordenanza563,1321,838.446,89
Persoal de limpeza563,1321,838.446,89