Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.901

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0007093/2002 interposto por Josefa Martínez Verdeal.

Recibida da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 03/0007093/2002, interposto por Josefa Martínez Verdeal contra o Decreto 220/2001, do 7 de setembro (DOG nº 187, do 26 de setembro), polo que se declara a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Ortigueira, dos bens e dereitos necesarios para

a realización das obras do proxecto de recuperación do muíño de vento de Campo da Torre, urbanización e axardinamento do seu contorno.

Esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, remitirlle o correspondente expediente administrativo á dita sala, o que se lles notifica a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan constituírse en parte nos autos da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2002.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local