Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 19 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do 15 de novembro de 2001, relativo ó expediente sancionador PO-107/2001, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona o acordo de iniciación da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo, relativo ó expediente sancionador en materia de turismo número PO-107/2001, incoado ó titular do café-bar denominado Bocatería A Bocados, situado na praza de Mario Puentes, 6, Patos, Panxón, de Nigrán, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, para achegar ante o instructor do expediente cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

De non formular alegacións no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, o acordo de iniciación considerarase proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Expediente: PO-107/2001.

Instructora: Mª de los Ángeles Herrero Pérez.

Infractora: María Mercedes Iglesias Vilán.

Establecemento: Bocatería A Bocados.

Domicilio: praza de Mario Puentes, 6, Patos, Panxón.

Localidade: Nigrán.

Acordo de iniciación: 15 de novembro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 86.2º e 86.5º da Lei 9/1997.

Sanción: cento vinte euros con vinte céntimos (120,20).

Pontevedra, 19 de febreiro de 2002.

Rosanna López Salgueiro

Delegada provincial de Pontevedra