Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución do tramo 2 da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, Boimente-Buio e liña de 30 kV do parque eólico de Riobó, nos termos municipais de Viveiro, Cervo e Xove, da provincia de Lugo. (Expediente IN407A 01/126-2, 5691 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Eurovento, S.L., con enderezo para efectos de notificación na rúa Varsovia, 4º C, 5ª planta, 15705 Santiago de Compostela, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 18 de setembro de 2001, a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presenta o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Liña de alta tensión aérea a 132 kV, con lonxitude de 5.214 m conductor tipo LA-280 con orixe no apoio nº 13 da L.A.T. a 132 kV Boimente-Buio, e final na subestación de Buio; é de dobre circuíto de 132 kV e 30 kV, ambas con illamento de 132 kV, entre os apoios nº 14 e nº 33 da citada liña cunha lonxitude de 4.914 m e liña de alta tensión subterránea a 30 kV con lonxitude de 120 m conductor R(D) HZ1, con orixe na subestación de Buio e final no apoio nº 33 da mencionada liña.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo someteu o citado proxecto de instalacións ó trámite de información pública mediante Resolución do 28 de setembro de 2001, publicada no DOG do 16 de outubro, no BOP de Lugo do 19 de outubro e na Delegación provincial de Lugo.

Separadamente, presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Lugo.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, Boimente-Buio e liña de 30 kV do parque eólico de Riobó, nos termos municipais de Viveiro, Cervo e Xove, da provincia de Lugo.

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO